29 octubre 2006

HORREOS E TELEGRAFOS

Ademais de facer esta nova web, tamén dende CGT Correos Galicia estamos a facer un boletín chamado HORREOS E TELEGRAFOS que enviamos por correo a tódalas oficinas e que en breve esperemos que te chegue, se é que non te chegou xa. O número, no que aquí dámoste o enlace para que o descargues e leas, esta realizado tal e como o fixemos nos para ser impreso e distribuír polo que a orde das paxinas non é o correcto. Saúde compañeir@s e que vos sexa ameno.
Se queredes tanto participar na realización deste boletín ou na paxina web que estas a visitar, envíanos un correo electrónico a: cgtcorreosgalicia@hotmail.com

19 octubre 2006

ACUMULACIÓNS EN MOAÑA (PONTEVEDRA)

NOTA DE PRENSA
A PESAR DA ACUMULACIÓN DE CARTAS EN MOAÑA, CORREOS NEGASE A CONTRATAR PERSOAL DE REFORZO.

Na oficina de Correos de Moaña, a correspondencia certificada que entrou de xeito inxente, así como a mala reforma que algúns barrios tivo en setembro fixo que a situación a día de hoxe sexa insostenible. Se a estes feitos lle sumamos a nova normativa de contratación, os accidentes de varios traballadores fixos, produciu que xunto co incremento de correspondencia na localidade en xeral, e en case tódolos barrios, nalgúns preocupantemente, o correo acumulado creou unha situación que desborda ao persoal de reparto.
Ante esta situación, tanto a xefatura da oficina, a provincial, así como a dos servicios periféricos non tomaron ningunha medida que poida solventar estes feitos, o que produciu que dende fai máis dunha seman, barrios que se facían ao día se fagan cada tres e seccións que se facían cada tres se fagan unha vez á seman.
A inoperancia das xefaturas responsables desta situación obrigou a este sindicato a poñer esta situación en coñecemento dea cidadanía, xa que a pesar da deficiencia na calidade do servicio actual, ditas persoas so responderon, cun “a lo mejor se soluciona el lunes próximo lunes”, pretendendo esquecer que o problema é agora, e que o mesmo xa leva bastante máis que unha seman, provocando unha situación caótica na oficina. Neste intre hai pendentes de reparto máis de 1000 notificacións, varios miles de cartas ordinarias, sendo a acumulación extrema en dous seccións de reparto, nunha das delas hai acumulado máis de 4000 obxectos.
Este tipos de feitos se ben son frecuentes en Correos en Moaña, onde existen seccións de reparto, que é imposible realizar ao día a pesares da obriga legal de Correos a realizala; cando se producen envíos masivos de certificados, que si ben supoñen un importantísimo ingreso económico, no se corresponde cunha inversión consecuente ao incremento de carga de trabalo.
Os criterios de aforro de gastos non se entenden dende CGT Correos en Pontevedra, cando el servicio esta sufrindo tan importante deterioro; e aparte da solución ao problema actual, debe resolverse a situación dalgunhas seccións de Correos sobredimensionadas, así como a desidia xeral das distintas xefaturas, en canto á resolución economiscista dos problemas.

16 octubre 2006

Tódalas forzas vivas PROGRESISTAS , VALIENTES, AUDACES E COMBATIVAS de CORREOS temos que crear un bó fato de puntos de encontro que se poderían traducir como boletíns,webs, ou simples follas na sua faceta máis sinxela, para ir paseniñamente cara a establecer pontes entre a nosa xente máis guerreira cara a unidade que se tén que dár no futuro. Esa unidade será na medida en que se tomen as iniciativas denantes mencionadas. Eiquí, na Galiza, onde TODOS TEMOS , AUNQUE SEXA UN CACHIÑO, DE MENTALIDADE CACIQUIL, é máis necesario que noutros sitios do estado por ser como somos. Dende a CGT de A CORUÑA dámosvos a benvida a esta páxina, que quér ser correa transmisora e vínculo necesario para ese futuro inmediato que sen dúbida nos vai tocar , e que dentro de tres anos poderémoslle ver os cornos.
Dende eiquí invitámosvos a participar con as vosas opinións .

FACEMOS POIS UN CHAMAMENTO A TÓDALA XENTE GUERREIRA (SUMISOS QUE SE MANTEÑAN O MARXEN) PARA AUNAR VONTADES CARA O FUTURO.
DE DERROTA EN DERROTA ATE A VICTORIA FINAL. NON PASARÁN!!!

Manolo Camba Gayoso.
Segredario de Organización
CGT. A CORUÑA

11 octubre 2006

NO TRABALLO, NA SECCIÓN SINDICAL, E AGORA TAMÉN EN INTERNET
O tempo xa chegou e agora dámosvos a benvida a outro novo recurso de comunicación entre nos, do sindicato a todos nos, e dos traballadores ao sindicato. Esta web non pretende so que sexa un lugar de lanzar comunicados e de noticias que CGT considere interesantes, senón que tamén pretende que sexa o voso buzón, e no que poñades enviar noticias ou artigos, e que logo colgaranse ou farannos coñecedores de situacións que ben a nivel sindical ou ben ca resposta colectiva poidamos solucionar.
Esperando que por riba dun instrumento sindical, sexa unha ferramenta de todo o persoal que traballa en Galicia ou fora dela, dámosvos de novo unha aperta de unión entre tódolos traballadores.

Saúde e liberdade