Mostrando entradas con la etiqueta moaña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta moaña. Mostrar todas las entradas

19 octubre 2006

ACUMULACIÓNS EN MOAÑA (PONTEVEDRA)

NOTA DE PRENSA
A PESAR DA ACUMULACIÓN DE CARTAS EN MOAÑA, CORREOS NEGASE A CONTRATAR PERSOAL DE REFORZO.

Na oficina de Correos de Moaña, a correspondencia certificada que entrou de xeito inxente, así como a mala reforma que algúns barrios tivo en setembro fixo que a situación a día de hoxe sexa insostenible. Se a estes feitos lle sumamos a nova normativa de contratación, os accidentes de varios traballadores fixos, produciu que xunto co incremento de correspondencia na localidade en xeral, e en case tódolos barrios, nalgúns preocupantemente, o correo acumulado creou unha situación que desborda ao persoal de reparto.
Ante esta situación, tanto a xefatura da oficina, a provincial, así como a dos servicios periféricos non tomaron ningunha medida que poida solventar estes feitos, o que produciu que dende fai máis dunha seman, barrios que se facían ao día se fagan cada tres e seccións que se facían cada tres se fagan unha vez á seman.
A inoperancia das xefaturas responsables desta situación obrigou a este sindicato a poñer esta situación en coñecemento dea cidadanía, xa que a pesar da deficiencia na calidade do servicio actual, ditas persoas so responderon, cun “a lo mejor se soluciona el lunes próximo lunes”, pretendendo esquecer que o problema é agora, e que o mesmo xa leva bastante máis que unha seman, provocando unha situación caótica na oficina. Neste intre hai pendentes de reparto máis de 1000 notificacións, varios miles de cartas ordinarias, sendo a acumulación extrema en dous seccións de reparto, nunha das delas hai acumulado máis de 4000 obxectos.
Este tipos de feitos se ben son frecuentes en Correos en Moaña, onde existen seccións de reparto, que é imposible realizar ao día a pesares da obriga legal de Correos a realizala; cando se producen envíos masivos de certificados, que si ben supoñen un importantísimo ingreso económico, no se corresponde cunha inversión consecuente ao incremento de carga de trabalo.
Os criterios de aforro de gastos non se entenden dende CGT Correos en Pontevedra, cando el servicio esta sufrindo tan importante deterioro; e aparte da solución ao problema actual, debe resolverse a situación dalgunhas seccións de Correos sobredimensionadas, así como a desidia xeral das distintas xefaturas, en canto á resolución economiscista dos problemas.