11 octubre 2006

NO TRABALLO, NA SECCIÓN SINDICAL, E AGORA TAMÉN EN INTERNET
O tempo xa chegou e agora dámosvos a benvida a outro novo recurso de comunicación entre nos, do sindicato a todos nos, e dos traballadores ao sindicato. Esta web non pretende so que sexa un lugar de lanzar comunicados e de noticias que CGT considere interesantes, senón que tamén pretende que sexa o voso buzón, e no que poñades enviar noticias ou artigos, e que logo colgaranse ou farannos coñecedores de situacións que ben a nivel sindical ou ben ca resposta colectiva poidamos solucionar.
Esperando que por riba dun instrumento sindical, sexa unha ferramenta de todo o persoal que traballa en Galicia ou fora dela, dámosvos de novo unha aperta de unión entre tódolos traballadores.

Saúde e liberdade

No hay comentarios: