16 octubre 2006

Tódalas forzas vivas PROGRESISTAS , VALIENTES, AUDACES E COMBATIVAS de CORREOS temos que crear un bó fato de puntos de encontro que se poderían traducir como boletíns,webs, ou simples follas na sua faceta máis sinxela, para ir paseniñamente cara a establecer pontes entre a nosa xente máis guerreira cara a unidade que se tén que dár no futuro. Esa unidade será na medida en que se tomen as iniciativas denantes mencionadas. Eiquí, na Galiza, onde TODOS TEMOS , AUNQUE SEXA UN CACHIÑO, DE MENTALIDADE CACIQUIL, é máis necesario que noutros sitios do estado por ser como somos. Dende a CGT de A CORUÑA dámosvos a benvida a esta páxina, que quér ser correa transmisora e vínculo necesario para ese futuro inmediato que sen dúbida nos vai tocar , e que dentro de tres anos poderémoslle ver os cornos.
Dende eiquí invitámosvos a participar con as vosas opinións .

FACEMOS POIS UN CHAMAMENTO A TÓDALA XENTE GUERREIRA (SUMISOS QUE SE MANTEÑAN O MARXEN) PARA AUNAR VONTADES CARA O FUTURO.
DE DERROTA EN DERROTA ATE A VICTORIA FINAL. NON PASARÁN!!!

Manolo Camba Gayoso.
Segredario de Organización
CGT. A CORUÑA

1 comentario:

Anónimo dijo...

Qué tal van as subvencións, trincando do Estado?.
Vaia cara dura que tendes os da CGT, sodes listos de carallo. Un día sodes anarquistas, outros sindicalistas, outros progresistas; o caso e ter un delegado sindical, como aquel que había en Santiago, que convocou unha contrafolga xeral, animaba a non secundar a folga, a ir ao traballo e a defenderse dos piquetes.
Na CGT sodes moi sindicalistas...